Actividades

 Actividade previa á saída

En clase explicarase o arte barroco, tratando as súas características e os seus elementos máis destacados. Tendo en conta esta información e mais o nome das obras que imos ver, deberán facer un debuxo sobre o que cren que se van atopar alí. Isto serviranos para coñecer as ideas previas do alumnado en canto a estas obras e para comprobar se lembran algúns elementos característicos do arte barroco.

Actividade durante a saída

Para levar a cabo esta actividade só necesitarán unha cámara. Consiste en realizar fotografías e vídeos para recoller toda a información que consideren oportuna e relevante.

Actividade posterior á saída

Tras a visita, xa na aula, contestarán a unha serie de preguntas recollidas nun cuestionario de Kahoot.

Ao cuestionario accédese premendo aquí.

Comentarios

Entradas populares