Porta Santa

A Porta Santa ábrese soamente nos anos santos, sendo unha das partes mais simbólicas e de maior interese para os turistas e peregrinos que visitan cada ano a Catedral de Santiago de Compostela.

Todos os 31 de decembro previos ó ano santo a media tarde, o arcebispo encabeza unha procesión cara a porta. Este, da tres golpes con un martelo de prata que fai caer un muro de pedra, colocado para o ritual, deixando o paso libre ata o 31 de decembro do ano seguinte. Neste seguinte ano darase outra procesión clausurando o ano santo e a porta.

A Porta Santa é unha das partes mais simbólicas. Igual que as portas santas das basílicas maiores romanas, como as de San Pedro, San Xoán de Letrán, Santa María a Maior ou San Pablo Extramuros, soamente se abre en anos santos. En Compostela os Anos Santos son os que a festividade de Santiago, 25 de xullo, coinciden en domingo. A causa dos anos bisestos, isto prodúcese nunha cadencia de seis, cinco, seis e once anos. Ademais, o papa pode declarar os anos santos extraordinarios como 2016, e o cabido pode decidir abrir excepcionalmente a Porta Santa durante ese ano.

A súa orixe non esta clara. Algúns estudosos falan de unha tradición medieval anterior á dos anos santos romanos, aínda que parece mais factible que a cidade Compostelá tomara do cristianismo este acto ritual, dando o paso por esta porta un sentido de perdón e de renacemento a unha nova vida. Seguindo esta teoría esta Porta Santa se retomaría ós primeiros anos do século XVI, con Alfonso III de Fonseca.

Algo que se sabe con certeza é que a porta foi sometida a transformación barrocas que sufriu a fachada da Quintana ó largo do século XVII. Así, Xacome Fernández e González de Araújo a ornamentaron con seis figuras a cada lado do vano. Son personaxes bíblicos procedentes do derruído coro mateano. Entre a porta propiamente dicha e o seu pórtico exterior quedará un pasillo de discretas proporción. En él se conserva aínda hoxe un sepulcro da época e algunhas laudas, en recordo ó pasado fúnebre do espazo da Quintana.

Neste mesmo século XVII, colocáronse doce figuras mais procedentes do coro medieval, e remataríanse as hornancias que as acollen con catro plafóns dos que cubrían os sitialos do coro. Tamén esculpiuse o Santiago Peregrino que preside a fachada, así como os seus dous discípulos Atanasio e Teodoro. A todo este conxunto rodeáselle un marco cun estilo e decoración con sartas de froita.



Coa rexa engadida en 1744, esta é a configuración do aspecto exterior que presenta hoxe. Se houbese prosperado a reforma neoclásica da fachada da Quintana e a cabeceira da catedral, sería moi distinta. Este proxecto neoclásico non se puido levar a cabo pola pronta norte del prelado en 1795 e o custoso que era.

A sinxeleza da porta interior contrasta coa importancia do simbolismo. Soamente esta ornamentada con dúas figuras policromadas a ambos lados, procedentes do coro de Mateo e dúas pilas de auga bendita sobre mármoles como os do cerre da capilla maior. Encima da porta vemos unha das cruces de consagración da catedral en 1211, co parágrafo do Xénesis “É a casa de Deus e a porta do Ceo” ademais dunha vidreira de Santiago.

Cando non é ano xubilar, a porta permanece cerrada pola súa parte interior e por unha verxa no exterior. A porta é de dúas follas de bronce firmadas por Xesús León no 2003, e presentan pasaxes da vida, norte e translación de Santiago.


Comentarios

Entradas populares